domingo, 7 de marzo de 2021

19M- Mobilización Global polo Clima

Hoxe, no cole de Barrantes sumámonos ás peticións para reclamar aos gobernos e institucións que se tomen as medidas necesarias para conseguir que os obxectivos que figuran no Acordo de París se leven a cabo. 

Nós, a xente, como di o manifesto, podemos empezar a mudar isto coas nosas accións, os nosos hábitos e os nosos compromisos. Desde a escola, a familia, a comunidade educativa en xeral podemos dar pequenos pero grandes pasos a prol do noso ambiente. Actuemos, xa !
Deixámosvos dous pequenos vídeos do que foi o evento de hoxe. 











EXTRAIDO DE  TEXTO DE TEACHER FOR FUTURE


Non máis promesas incumpridas. 19 M
"Non máis promesas incumpridas" é o lema da Mobilización Global polo Clima convocada o 19 de Marzo para reclamar que os estados cumpran o acordado no Acordo de París. Os obxectivos de redución de Gases de Efecto Invernadoiro están moi lonxe de cumprirse, mentres tanto, confírmanse os peores prognósticos en canto a subida da temperaturas (o período 2015-2020 foi o máis caloroso xamais rexistrado) e á saúde do planeta (a Covid-19 é un pequeno exemplo).
A década 2020-2030, é crucial para limitar o desastre. Antonio Guterres Secretario Xeral de Nacións Unidas avisa «O punto de non retorno do cambio climático, precipítase cara a nós».
E as novas xeracións teñen que saber o que está a pasar porque das accións de hoxe dependerá o seu futuro. Desde Teachers for Future, aportan recursos para conmemorar este Día tan significativo para tomar conciencia e reclamar que se leve a a cabo o Acordo de París:


RECURSOS de TEACHER FOR FUTURE
Pinchade no enlace que vos leva a distintos recursos. Non deixedes de facelo.







A canción «Sing for the Climate» que se converteu nun  himno internacional a favor do medio ambiente.


Versión en galego.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

5 de xuño- Día Mundial do Medio Ambiente

5 de xuño- Día Mundial do Medio Ambiente  As Nacións Unidas designaron o 5 de xuño como Día Mundial do Medio Ambiente para destacar que a pr...