domingo, 29 de novembro de 2020

Novembro sen residuos

Semana Europea de Prevención de Residuos. 


Do 21 ao 29 de novembro, en toda Europa, celébrase a Semana Europea de Prevención de Residuos.

A Semana Europea da Prevención de Residuos (tamén coñecida abreviadamente polas súas siglas en inglés, EWWR - European Week for Waste Reduction) é un proxecto plurianual de ámbito europeo e auspiciado pola Comisión Europea, cuxo obxectivo é promover a realización durante unha semana de diferentes accións sobre prevención e xestión sostible de residuos e, ademais, a celebración anual do Premio Europeo da Prevención de Residuos, no que participan e selecciónanse as actividades máis innovadoras, orixinais e exemplarizantes organizadas ao longo da semana do ano respectivo.

No noso cole quixemos sumarnos a esta iniciativa participando nunha pequena campaña de recollida de lixo no mesmo centro e na contorna. O alumnado de 4º, 5º e 6º comprobamos que no cole apenas había lixo, pero no espazo exterior si. Fundamentalmente, o tipo de residuo era plástico, residuos viaxeiros permanentes que contaminan o noso medio.
Agardamos con este acto concienciarnos e concienciar aos demais na idea de que o coidado do medio é tarefa de todos e todas nós.








venres, 20 de novembro de 2020

 20 N- Día da Infancia- Pleno municipal do Consello da Infancia

 Presentamos o Proxecto Plástico- Resíduo Cero.

Entrada redactada polos alumnos e alumnas de 5º e 6º

Hoxe, 20 de novembro, celebramos o Día da Infancia. Realizamos unha videoconferencia cos coles de Tomiño, o instituto, o concello e con Gloria de Unicef.
Sandra, a alcaldesa, inaugurou o acto. Despois cada colexio foi presentando a súa proposta. Entre elas: unha árbore dos desexos, un concurso de receitas de Nadal, medianeiras para edificios e muros pintadas por artistas destacadas como Lula Goce, entre outras. Tamén, axudar aos máis necesitados/as, un concurso de relatos, cartas e postais para os nosos maiores, mascarillas transparentes para unha nena do instituto... Guille e Laura, os nosos representantes, presentaron o Proxecto Plástico que estamos a desenvolver no cole, xunto con Recreos Residuo Cero co que pretendemos concienciar e contaxiar para que en todos os coles e lugares de Tomiño intentemos reducir os plásticos dun só uso ao mínimo.
Ao finalizar a presentación das propostas interviron Esteban, Gloria, Karina, e houbo moitas mensaxes de agradecemento e parabéns polo chat. Foi unha experiencia estupenda, porque polo menos puidemos xuntarnos anque fose de xeito virtual.

Aquí deixámosvos un enlace da videoconferencia do facebook do concello:


FOTOS:









xoves, 19 de novembro de 2020

Difusión do Proxecto Plástico e participación no concello do 20N- Día da Infancia

Difusión do Proxecto Plástico e participación no concello do 20N- Día da Infancia

Este venres, 20 de novembro ás 11:00 h, celébrarase o Consello Municipal de Infancia e Adolescencia de Tomiño con motivo do Día da Infancia. 

Os cursos de 5º e 6º e Barrantes participaremos achegando a proposta do proxecto de traballo que se está a levar a cabo no centro e nas aulas de 5º e 6º co proxecto Plástico.

 

  • Temática do Pleno: Residuo 0, muralistas, propostas para un nadal diferente.

 

  • Desenvolvemento da actividade:

O pleno farase por videoconferencia, a través da plataforma webex



domingo, 8 de novembro de 2020

FROITA NA ESCOLA

A partir do luns, 9 de novembro, e durante dúas semanas teremos no recreo "Froita na escola".  Estas dúas semanas as froitas serán o noso alimento saudable e sen residuo no recreo. Así que, parabéns por todos os puntiños verdes que imos coleccionar durantes estes días.
Aquí vos deixamos uns recursos por se son do voso interese:

GLOSARIO

https://www.frutas-hortalizas.com/Hortalizas/


ARTE CON FROITA


venres, 6 de novembro de 2020

ALGUNHAS NOVAS DESTA SEMANA NOS MEDIOS



NOTICIA NO XORNAL "EL PERIÓDICO" SOBRE ECOEMBES 


https://blogs.publico.es/ecologismo-de-emergencia/2020/10/31/ecoembes-un-poco-de-respeto/


¿Un mes sin plástico?

Varios activistas internacionales se unen para lanzar este desafío medioambiental





Cada año se vierten al Mediterráneo 229.000 toneladas de plástico



Alarmante contaminación de microplástico en el fondo antártico, el Mediterráneo y el Atlántico norte

luns, 2 de novembro de 2020

Compartindo unha entrada de Profes polo Futuro- Figuras literarias e natureza

TEXTO TRADUCIDO DE ENTRADA TEACHERS FOR FUTURE

 Utilizar a natureza para explicar as figuras literarias é a suxestiva idea que comparte a nosa compañeira Elena Sánchez Cruz . Un precioso exemplo de naturalización do currículo 🙂

En primeiro lugar, trátase de extraer das dinámicas naturais recursos literarios e despois como utilizar a linguaxe literaria para campañas ambientais.
Un precioso exemplo de naturalización do currículo, listo para usar.





domingo, 1 de novembro de 2020

 Presentación do Proxecto Plástico

O vindeiro martes, 3 de novembro, presentaremos e retomaremos o proxecto iniciado o curso pasado e que por mor da COVID tivemos que interromper. Será, en principio, nos cursos de 5º e 6º.

O obxectivo prioritario que consideramos é a redución de plásticos dun só uso, xa que, o plástico converteuse nunha constante na nosa vida. Atopámolo en todas partes: envases de produtos, materiais téxtiles, na nosa merenda, na nosa escola, na nosa casa, ... A súa omnipresencia é tal que o mero de feito de renunciar a el pode facerse costa arriba para moitas persoas. Por iso, reducir o consumo de plásticos require, por tanto, non só dun cambio de hábitos, senón tamén dun cambio de mentalidade.




         CARTA ÁS FAMILIAS

 

​​ 

 

RECREOS RESIDUO CERO 

 

Queridas familias: 

 

En resposta áactual emerxencia climática, queremos actuar  tomando medidas reais no noso día a día e mellorando os nosos hábitos. 

 

Por iso, como centro educativo, sumámonos ao reto ​RECREOS RESIDUO CERO​, proxecto ​posto en marcha polo colectivo ambiental " Profes polo futuro" e apoiado polo Ministerio de Transición Ecolóxica. Trátase de que toda a comunidade educativa camiñe na mesma dirección para reducir, na medida do posible, os residuos plásticos que xeramos na vida en xeral e nos recreos escolares en particular. 

 

Para iso, alumnado, familias, profesorado e demais membros da comunidade educativa debemos facer un esforzo por cambiar e mellorar a nosa forma de consumo, envasado e transporte de produtos. Cada persoa individualmente ten un enorme poder na redución de residuos plásticos. Usemos ese poder e melloremos a situación. Seguro que, aínda que ao principio nos resultarádifícil cambiar os hábitos e inercias, atopamos maneiras sinxelas e creativas de non xerar residuos plásticos. 

 

Convidámosvos a participar no programa «RECREOS RESIDUOS CERO«. que consiste en motivar ao alumnado para que nos seus xantares ou merendas non haxa residuo, ou polo menos, o mínimo posible. Para iso deberáusar envases retornablescomo fiambreraspara sólidos e cantimploras para a auga a fin de eliminar as botellas de plástico e os envases dun sóuso como plásticos, envoltorios de plástico,papel de aluminio, etc.

 

Irémosvos enviando información e solicitando a vosa participación en distintas actividades que se levarán a cabo en relación co proxecto,

 

 

 

 

Moitísimas grazas pola vosa colaboración e participación.




 

 

5 de xuño- Día Mundial do Medio Ambiente

5 de xuño- Día Mundial do Medio Ambiente  As Nacións Unidas designaron o 5 de xuño como Día Mundial do Medio Ambiente para destacar que a pr...