sábado, 5 de xuño de 2021

5 de xuño- Día Mundial do Medio Ambiente

5 de xuño- Día Mundial do Medio Ambiente 


As Nacións Unidas designaron o 5 de xuño como Día Mundial do Medio Ambiente para destacar que a protección e a saúde do medio ambiente é unha cuestión importante, que afecta o benestar dos pobos e ao desenvolvemento económico en todo o mundo. A celebración deste día bríndanos a oportunidade de ampliar os coñecementos para unha opinión ilustrada e unha conduta responsable das persoas, empresas e comunidades na preservación e mellora do medio ambiente.


Por iso hoxe o alumnado de 5º e 6º celebramos este Día coa presencia na nosa escola de Aventura Plástica, con Alba e Fabián, que preocupados pola enorme cantidade de plástico producido e a escasa reciclaxe do mesmo ocorréuselles empregar o plástico como materia prima de distintos obxectos e con eles promover a reciclaxe e reutilización deste material.

As súas actividades dentro de Aventura plástica son entre outras: Reducir o consumo de produtos plásticos, a súa reutilización e a súa reciclaxe na proximidade, así como o fomento da economía circular, limpezas de espazos naturais e lugares de ocio, así como promover a educación para a concienciación sobre a importancia do desenvolvemento sostible.

https://aventuraplastica.com/

Hoxe achegáronnos o seu saber e facer, así que mil grazas por compartilo Alba e Fabián!

Levamos traballando un ano no Proxecto Plástico, e a celebración deste día con Alba e Fabián axúdanos na concienciación a prol da sostibilidade e na certeza de que outra forma de actuar ambientalmente e ecosocialmente é posible.

A presencia de Ana Belén Casaleiro (concelleira de Medio Ambiente de Tomiño), compartindo as distintas actividades e participando con nós e o alumnado así coma o interese amosado foi outra das gratas sorpresas do día. Mil grazas Belén!





5 de xuño- Día Mundial do Medio Ambiente

5 de xuño- Día Mundial do Medio Ambiente  As Nacións Unidas designaron o 5 de xuño como Día Mundial do Medio Ambiente para destacar que a pr...