xoves, 25 de febreiro de 2021

Patricia Rodríguez (nai de Álex, enxeñeira agrónoma e empresaria) vén ao cole.


Esta mañá Patricia, a nai de Álex, enxeñeira agrónoma, empresaria de NaAbada estivo na clase de 6º falándonos da importancia da agricultura sostible. Fixo unha recapitulación da evolución da agricultura ao longo do tempo, da necesidade de satisfacer as necesidades dunha poboación pero conseguilo dunha forma sostible. Falounos tamén dos sistemas agrícolas (comercial, integrado, ecolóxico), da desertización,da salinidad e a calidade das augas, da contaminación, do cambio climático, da deforestación, eutrofización, da perda de terreos fértiles, destrucción dos acuíferos, da erosión.

Importancia destacada da pegada de CO2, do consumo de produtos locais e de temporada, dos residuos plásticos xerados nas embalaxes, e de que se entende por calidade nos alimentos (fixo unha experiencia comparando distintos kiwis que viñas todos da mesma planta pero eran todos distintos). Descubrimos que o mellor de apariencia non ten porque ser o de maior calidade, xa que tamén hai que ter en conta a madurez, sabor, valor nutritivo, seguridade alimentaria,...

A conclusión que sacamos é que temos que tomar conciencia dos problemas ambientais pero tamén da necesidade de actuar e que necesitamos administracións responsables pero tamén consumidores e consumidoras empoderados capaces de decidir e con capacidade para promover cambios.


Moitísimas grazas Patri!!!



mércores, 17 de febreiro de 2021

Semana Europea de Loita contra a Pobreza Enerxética

 

 Que se entende por pobreza enerxética?


Fálase de pobreza enerxética nos seguintes casos :

Cando un fogar:


1. Non ten acceso á enerxía ( 1.267 millóns de persoas no mundo)
2. É incapaz de pagar a enerxía para cubrir as necesidades básicas de calefacción, refrixeración, iluminación.
3. Cando destina unha parte excesiva dos seus ingresos para pagar a factura enerxética da súa vivenda.
Considérase condicións de climatización adecuadas para a saúde de 18 a 20º  C no inverno e 25º  C no verán.
A pobreza enerxética pode explicarse por tres causas interconectadas:
1. os altos prezos da enerxía
2. os baixos ingresos e
3. a  ineficiencia enerxética das vivendas.
 

Por que se celebra nestas datas ?


Elixiuse a data do 17 ao 23 de febreiro para lembrar a terceira e última das extraordinarias ondas de frío que percorreron Europa en febreiro de 1956. Durante ese mes Europa soportou unhas xeadas excepcionais e un frío intenso durante case un mes, completando o inverno máis duro en Europa e España desde que se teñen rexistros.

 Extracto do texto de Teachers for Future




martes, 16 de febreiro de 2021

14 de Febreiro: Día Mundial da Enerxía

 14 de febreiro-Día Mundial da Enerxía




ENERXIA 3D é a primeira película pedagóxica en 3D sobre a enerxía e o aforro de enerxía na nosa rutina diaria. Este traballo é unha coprodución de Antàrtida e o IDAE, ente público do Ministerio para a Transición Ecolóxica. Ademais o produto cinematográfico acompáñase na web de abundante material didáctico para desenvolver os contidos que se tratan na aula e noutras sesións de reflexión e análise da situación enerxética que vivimos na actualidade.
Este proxecto audiovisual ofreceuse en anos anteriores para visionarlo en salas de cinema que permitisen ofrecer a técnica 3D, pero a situación de restricións derivadas da situación de pandemia que vivimos, motivou á produtora ofrecer a posibilidade de que se poida ver nas aulas e aproveitar os materiais que se acompañan, tendo en conta que non podemos gozala en 3D.
Trailer da película, https://www.youtube.com/watch?v=5qrhnfSRV8c&feature=emb_logo Película,
http://www.energia3d.es/

venres, 12 de febreiro de 2021

Entroido 2021- Mecopereira

Este é Mecopereira, o noso Meco. 

E si, é unha árbore, 

unha fermosa pereira

 que se librou da fogueira

 como non podería ser de outra maneira.


deforestación é o proceso de desaparición de masas forestais (bosques), fundamentalmente causada pola actividade humana. A deforestación está directamente causada pola acción do ser humano sobre a natureza, principalmente debido ós cortes de árbores, tanto as realizadas pola industria madeireira, como aquelas que pretenden a obtención de solo para cultivos agrícolas.

Nos países máis desenvolvidos, prodúcense outras agresións como a chuvia ácida que comprometen a supervivencia dos bosques, situación que se pretende controlar mediante a esixencia de requisitos de calidade para os combustibles, como a limitación do contido de xofre.

Nos países menos desenvolvidos, as masas boscosas redúcense ano tras ano, mentres que nos países industrializados estanse recuperando debido ás presións sociais, reconverténdose os bosques en atractivos turísticos e lugares de esparexemento.

Así a todo, debe terse en conta que as plantacións de reforestación non substitúen en ningún caso o bosque, xa que este é un ecosistema que tarda décadas e nalgúns casos séculos en formarse, constituíndo o bio-sistema óptimo de aproveitamento da luz solar. En cambio, a reforestación no mellor dos casos é un conxunto de árbores situadas segundo unha separación fixada artificialmente, entre as cales xorde unha vexetación herbácea ou arbustiva que non acostuma darse no bosque. E no peor dos casos, plántanse árbores non autóctonas que en ocasións danan o substrato, como ocorre en moitas plantacións de piñeiro, abeto ou eucalipto.

Unha consecuencia da deforestación é a desaparición de sumidoiros de dióxido de carbono, reducíndose a capacidade do medio de absorber as inxentes cantidades deste gas causante do efecto invernadoiro, e agravando o problema do quentamento global.

Como medida de contención, diversos organismos internacionais propoñen a reforestación, medida parcialmente aceptada polos movementos ecoloxistas, ó entender estes que na repoboación debe considerarse non só a eliminación do dióxido de carbono, senón ademais, a biodiversidade da zona a repoboar.


Texto de Galipedia

mércores, 10 de febreiro de 2021

11F Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

 


11F Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.


En decembro de 2015 a Asemblea Xeral da ONU decidiu establecer un Día Internacional anual para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía, ese día é o 11 de febreiro . Unha oportunidade para dar a coñecer a os nosos alumnos/as as figuras femininas do pasado pero tamén actuais e destacar as súas achegas á ciencia.

Compartimos o enlace de Teachers for  Future no que se relacionan as científicas que máis teñen que ver coa biodiversidade e a natureza.

Non deixedes de velo.

https://teachersforfuturespain.org/11f-dia-internacional-de-la-mujer-y-la-nina-en-la-ciencia/



5 de xuño- Día Mundial do Medio Ambiente

5 de xuño- Día Mundial do Medio Ambiente  As Nacións Unidas designaron o 5 de xuño como Día Mundial do Medio Ambiente para destacar que a pr...