venres, 12 de febreiro de 2021

Entroido 2021- Mecopereira

Este é Mecopereira, o noso Meco. 

E si, é unha árbore, 

unha fermosa pereira

 que se librou da fogueira

 como non podería ser de outra maneira.


deforestación é o proceso de desaparición de masas forestais (bosques), fundamentalmente causada pola actividade humana. A deforestación está directamente causada pola acción do ser humano sobre a natureza, principalmente debido ós cortes de árbores, tanto as realizadas pola industria madeireira, como aquelas que pretenden a obtención de solo para cultivos agrícolas.

Nos países máis desenvolvidos, prodúcense outras agresións como a chuvia ácida que comprometen a supervivencia dos bosques, situación que se pretende controlar mediante a esixencia de requisitos de calidade para os combustibles, como a limitación do contido de xofre.

Nos países menos desenvolvidos, as masas boscosas redúcense ano tras ano, mentres que nos países industrializados estanse recuperando debido ás presións sociais, reconverténdose os bosques en atractivos turísticos e lugares de esparexemento.

Así a todo, debe terse en conta que as plantacións de reforestación non substitúen en ningún caso o bosque, xa que este é un ecosistema que tarda décadas e nalgúns casos séculos en formarse, constituíndo o bio-sistema óptimo de aproveitamento da luz solar. En cambio, a reforestación no mellor dos casos é un conxunto de árbores situadas segundo unha separación fixada artificialmente, entre as cales xorde unha vexetación herbácea ou arbustiva que non acostuma darse no bosque. E no peor dos casos, plántanse árbores non autóctonas que en ocasións danan o substrato, como ocorre en moitas plantacións de piñeiro, abeto ou eucalipto.

Unha consecuencia da deforestación é a desaparición de sumidoiros de dióxido de carbono, reducíndose a capacidade do medio de absorber as inxentes cantidades deste gas causante do efecto invernadoiro, e agravando o problema do quentamento global.

Como medida de contención, diversos organismos internacionais propoñen a reforestación, medida parcialmente aceptada polos movementos ecoloxistas, ó entender estes que na repoboación debe considerarse non só a eliminación do dióxido de carbono, senón ademais, a biodiversidade da zona a repoboar.


Texto de Galipedia

mércores, 10 de febreiro de 2021

11F Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

 


11F Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.


En decembro de 2015 a Asemblea Xeral da ONU decidiu establecer un Día Internacional anual para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía, ese día é o 11 de febreiro . Unha oportunidade para dar a coñecer a os nosos alumnos/as as figuras femininas do pasado pero tamén actuais e destacar as súas achegas á ciencia.

Compartimos o enlace de Teachers for  Future no que se relacionan as científicas que máis teñen que ver coa biodiversidade e a natureza.

Non deixedes de velo.

https://teachersforfuturespain.org/11f-dia-internacional-de-la-mujer-y-la-nina-en-la-ciencia/



sábado, 30 de xaneiro de 2021

ABECEDEGRAMA AMBIENTAL E MURO AMBIENTAL DA PAZ

Abecedegrama e Muro ambiental da PAZ ( 5º e 6º)



A Paz acompaña este ano o Abecedegrama e o Muro Ambiental da Paz creado polas clases de 5º e 6º.


<<Ir máis alá do pensamento non é algo reservado só aos homes e mulleres de xenio, senón que está aberto a todos nós na medida en que o misterio da vida non é un problema a resolver, senón unha realidade a experimentar>>.

Alan Watts


<<O home pertence á Terra>>.

UNESCO. Título do libro sobre o programa "Home e Biosfera" (1989)

 


mércores, 27 de xaneiro de 2021

Agasallo do concello de Tomiño.

Os novos colectores

Xa están aquí os novos colectores de residuos! Agasallo do concello de Tomiño para o noso patio. Seguimos eliminando residuos plásticos nas nosas merendas. O residuo orgánico estamos levándoo ao compost, que proximamente empregaremos para plantar no invernadoiro e na horta. Moitas grazas!





luns, 25 de xaneiro de 2021

26 de xaneiro- Día Mundial da Educación Ambiental

Día Mundial del Medio Ambiente: La naturaleza nos está enviando un mensaje.


Sensibilización dos nenos e nenas co Medio Ambiente

O ensino primario é unha etapa crave no desenvolvemento da conduta, a conciencia social e a solidariedade. No colexio aprendemos valores e comportamentos que nos acompañarán na idade adulta e definirannos como cidadáns. De aí a importancia de espertar o interese dos escolares polo coidado e a protección do medio ambiente durante esta etapa. A educación ambiental para nenos pretende que estes fagan do coidado da natureza un estilo de vida, en lugar de limitarse a estudala. Esta disciplina busca que os menores desenvolvan un pensamento ecolóxico firme e potente, e o utilícen para enfrontarse aos actuais retos ambientais desde a participación e o compromiso.

Principais obxectivos do Día Mundial da Educación Ambiental

  • Facer que as persoas tomen conciencia e se sensibilícen con respecto aos problemas ambientais da súa contorna, para que poidan buscar, protexer e brindar solucións aos mesmos.
  • Educar á sociedade para que entendan que é o medio ambiente, a súa importancia e o delicado equilibrio que existe entre home e natureza.
  • Sementar valores ambientais.
  • Axudar aos grupos sociais a desenvolver as habilidades necesarias para buscar solucións aos problemas ecolóxicos da súa contorna inmediata.
  • Levar as estatísticas da realidade en materia ambiental e ensinarlle ás persoas para avaliar a evolución do proceso, ben sexa para evidenciar a melloría ou detectar unha problemática que se lles está indo das mans.
  • Incentivar a participación da sociedade na procura de solucións aos problemas do medio ambiente e a que eles teñen o deber de esixirlle aos gobernos que tomen medidas.

A biodiversidade e a súa conexión co ser humano
A biodiversidade é a base que sustenta toda a vida na terra e debaixo da auga. Ten relación con todos os aspectos da saúde humana. Proporciona auga e aire limpos, alimentos nutritivos, coñecemento científico e fontes de medicamentos, resistencia a enfermidades naturais e mitigación do cambio climático. Cambiar ou eliminar un elemento nesta intrincada rede afecta todo o sistema de vida e pode producir consecuencias negativas. A deforestación, a invasión de hábitats de vida silvestre, a agricultura intensiva e a aceleración do cambio climático alteraron o delicado equilibrio da natureza.

Legado para a Paz






WHAT A WONDERFULL WORLD

Louis ArmstrongKenny G


 I see trees so green, red roses too

I see them bloom for me and you. And I think to myself what a wonderful world.

I see skies so blue and clouds so white. The bright blessed day, the dark sacred night. And I think to myself what a wonderful world. The colors of the rainbow so pretty in the sky Are also on the faces of people going by. I see friends shaking hands saying how do you do. They're really saying I love you. I hear babies crying, I watch them grow. They'll learn much more than I'll ever know. And I think to myself what a wonderful world. Yes I think to myself what a wonderful world Yes I think to myself what a wonderful world.

5 de xuño- Día Mundial do Medio Ambiente

5 de xuño- Día Mundial do Medio Ambiente  As Nacións Unidas designaron o 5 de xuño como Día Mundial do Medio Ambiente para destacar que a pr...