domingo, 29 de novembro de 2020

Novembro sen residuos

Semana Europea de Prevención de Residuos. 


Do 21 ao 29 de novembro, en toda Europa, celébrase a Semana Europea de Prevención de Residuos.

A Semana Europea da Prevención de Residuos (tamén coñecida abreviadamente polas súas siglas en inglés, EWWR - European Week for Waste Reduction) é un proxecto plurianual de ámbito europeo e auspiciado pola Comisión Europea, cuxo obxectivo é promover a realización durante unha semana de diferentes accións sobre prevención e xestión sostible de residuos e, ademais, a celebración anual do Premio Europeo da Prevención de Residuos, no que participan e selecciónanse as actividades máis innovadoras, orixinais e exemplarizantes organizadas ao longo da semana do ano respectivo.

No noso cole quixemos sumarnos a esta iniciativa participando nunha pequena campaña de recollida de lixo no mesmo centro e na contorna. O alumnado de 4º, 5º e 6º comprobamos que no cole apenas había lixo, pero no espazo exterior si. Fundamentalmente, o tipo de residuo era plástico, residuos viaxeiros permanentes que contaminan o noso medio.
Agardamos con este acto concienciarnos e concienciar aos demais na idea de que o coidado do medio é tarefa de todos e todas nós.








Ningún comentario:

Publicar un comentario

5 de xuño- Día Mundial do Medio Ambiente

5 de xuño- Día Mundial do Medio Ambiente  As Nacións Unidas designaron o 5 de xuño como Día Mundial do Medio Ambiente para destacar que a pr...