xoves, 25 de febreiro de 2021

Patricia Rodríguez (nai de Álex, enxeñeira agrónoma e empresaria) vén ao cole.


Esta mañá Patricia, a nai de Álex, enxeñeira agrónoma, empresaria de NaAbada estivo na clase de 6º falándonos da importancia da agricultura sostible. Fixo unha recapitulación da evolución da agricultura ao longo do tempo, da necesidade de satisfacer as necesidades dunha poboación pero conseguilo dunha forma sostible. Falounos tamén dos sistemas agrícolas (comercial, integrado, ecolóxico), da desertización,da salinidad e a calidade das augas, da contaminación, do cambio climático, da deforestación, eutrofización, da perda de terreos fértiles, destrucción dos acuíferos, da erosión.

Importancia destacada da pegada de CO2, do consumo de produtos locais e de temporada, dos residuos plásticos xerados nas embalaxes, e de que se entende por calidade nos alimentos (fixo unha experiencia comparando distintos kiwis que viñas todos da mesma planta pero eran todos distintos). Descubrimos que o mellor de apariencia non ten porque ser o de maior calidade, xa que tamén hai que ter en conta a madurez, sabor, valor nutritivo, seguridade alimentaria,...

A conclusión que sacamos é que temos que tomar conciencia dos problemas ambientais pero tamén da necesidade de actuar e que necesitamos administracións responsables pero tamén consumidores e consumidoras empoderados capaces de decidir e con capacidade para promover cambios.


Moitísimas grazas Patri!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

5 de xuño- Día Mundial do Medio Ambiente

5 de xuño- Día Mundial do Medio Ambiente  As Nacións Unidas designaron o 5 de xuño como Día Mundial do Medio Ambiente para destacar que a pr...