xoves, 4 de marzo de 2021

Sementando e plantando (5º e 6º)


O alumnado de 5º e 6º estivemos sementando as sementes recollidas en setembro e outubro (cebolas, pementos, xirasol, cabazas, tomates,...) Tamén fixemos plantación de remolacha, tomate, pemento, porros, acelgas, leitugas,... no invernadoiro.

A nosa agricultura é ecolóxica e non empregamos nin produtos químicos, nin fitosanitarios e as sementes empregadas son de cultivo sostible, das nosas propias colleitas.

Empregamos o compost que elaboramos na composteira que temos no cole, donada polo concello de Tomiño.






luns, 1 de marzo de 2021

3 de marzo Día Mundial de la Vida Silvestre

 


O incalculable valor da vida silvestre

Os animais salvaxes e as plantas silvestres, ademais do seu valor intrínseco, contribúen aos aspectos ecolóxicos, xenéticos, sociais, económicos, científicos, educativos, culturais, recreativos e estéticos do benestar humano e o desenvolvemento sostible.
O Día Mundial da Vida Silvestre bríndanos a ocasión de celebrar a beleza e a variedade da flora e a fauna salvaxes, así como de crear conciencia acerca da multitude de beneficios que a conservación destas formas de vida ten para a humanidade. A celebración deste día tamén nos lembra a necesidade urxente de combater os delitos contra o medio ambiente e a diminución de especies causada pola actividade humana, que carrexan consecuencias negativas de gran alcance no ámbito económico, ambiental e social. Este é o motivo polo cal o Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) número 15 céntrase en deter a perda de biodiversidade.
"Os bosques e os medios de subsistencia: sustentar ás persoas e preservar o planeta"
Os bosques e os terreos boscosos, que abarcan case unha terceira parte da superficie terrestre do planeta, son piares fundamentais para os medios de subsistencia e o benestar dos seres humanos.
Máis de 800 millóns de persoas viven en bosques tropicais e sabanas en países en desenvolvemento. As comunidades indíxenas e rurais manteñen unha relación particularmente estreita con eses sistemas naturais. Dependen deles para satisfacer as súas necesidades esenciais, desde alimentos e refuxio ata enerxía e medicamentos, pero tamén manteñen unha forte relación persoal, cultural e espiritual con esas contornas. Os pobos indíxenas e as comunidades locais son así mesmo os custodios históricos das reservas máis importantes de diversidade biolóxica, incluídos os bosques.
Os servizos do ecosistema e os recursos que proporcionan os bosques e os terreos boscosos, desde o filtrado e o almacenamento de auga doce para garantir a fertilidade dos chans ou para regular o clima, son esenciais para a economía mundial e para as persoas en todo o mundo. Con todo, os bosques atópanse actualmente na encrucillada das múltiples crises planetarias que encaramos actualmente, desde o cambio climático ata a perda de biodiversidade e as repercusións sociais e económicas da actual pandemia mundial.
O tema do Día Mundial da Vida Silvestre 2021, "Os bosques e os medios de subsistencia: sustentar ás persoas e preservar o planeta" trata de lanzar luz sobre os vínculos entre o estado dos bosques e terreos boscosos do noso planeta e a preservación dos millóns de medios de subsistencia que dependen directamente deles, prestando particular atención aos coñecementos tradicionais das comunidades que xestionaron os ecosistemas forestais e a súa vida silvestre durante séculos.
Isto axústase aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas 1, 12, 13 e 15, e aos seus amplos compromisos de aliviar a pobreza, asegurar o uso sostible dos recursos e conservar a vida na terra.


http://www.fao.org/3/I8565ES/i8565es.pdf




xoves, 25 de febreiro de 2021

Patricia Rodríguez (nai de Álex, enxeñeira agrónoma e empresaria) vén ao cole.


Esta mañá Patricia, a nai de Álex, enxeñeira agrónoma, empresaria de NaAbada estivo na clase de 6º falándonos da importancia da agricultura sostible. Fixo unha recapitulación da evolución da agricultura ao longo do tempo, da necesidade de satisfacer as necesidades dunha poboación pero conseguilo dunha forma sostible. Falounos tamén dos sistemas agrícolas (comercial, integrado, ecolóxico), da desertización,da salinidad e a calidade das augas, da contaminación, do cambio climático, da deforestación, eutrofización, da perda de terreos fértiles, destrucción dos acuíferos, da erosión.

Importancia destacada da pegada de CO2, do consumo de produtos locais e de temporada, dos residuos plásticos xerados nas embalaxes, e de que se entende por calidade nos alimentos (fixo unha experiencia comparando distintos kiwis que viñas todos da mesma planta pero eran todos distintos). Descubrimos que o mellor de apariencia non ten porque ser o de maior calidade, xa que tamén hai que ter en conta a madurez, sabor, valor nutritivo, seguridade alimentaria,...

A conclusión que sacamos é que temos que tomar conciencia dos problemas ambientais pero tamén da necesidade de actuar e que necesitamos administracións responsables pero tamén consumidores e consumidoras empoderados capaces de decidir e con capacidade para promover cambios.


Moitísimas grazas Patri!!!



mércores, 17 de febreiro de 2021

Semana Europea de Loita contra a Pobreza Enerxética

 

 Que se entende por pobreza enerxética?


Fálase de pobreza enerxética nos seguintes casos :

Cando un fogar:


1. Non ten acceso á enerxía ( 1.267 millóns de persoas no mundo)
2. É incapaz de pagar a enerxía para cubrir as necesidades básicas de calefacción, refrixeración, iluminación.
3. Cando destina unha parte excesiva dos seus ingresos para pagar a factura enerxética da súa vivenda.
Considérase condicións de climatización adecuadas para a saúde de 18 a 20º  C no inverno e 25º  C no verán.
A pobreza enerxética pode explicarse por tres causas interconectadas:
1. os altos prezos da enerxía
2. os baixos ingresos e
3. a  ineficiencia enerxética das vivendas.
 

Por que se celebra nestas datas ?


Elixiuse a data do 17 ao 23 de febreiro para lembrar a terceira e última das extraordinarias ondas de frío que percorreron Europa en febreiro de 1956. Durante ese mes Europa soportou unhas xeadas excepcionais e un frío intenso durante case un mes, completando o inverno máis duro en Europa e España desde que se teñen rexistros.

 Extracto do texto de Teachers for Future




martes, 16 de febreiro de 2021

14 de Febreiro: Día Mundial da Enerxía

 14 de febreiro-Día Mundial da Enerxía




ENERXIA 3D é a primeira película pedagóxica en 3D sobre a enerxía e o aforro de enerxía na nosa rutina diaria. Este traballo é unha coprodución de Antàrtida e o IDAE, ente público do Ministerio para a Transición Ecolóxica. Ademais o produto cinematográfico acompáñase na web de abundante material didáctico para desenvolver os contidos que se tratan na aula e noutras sesións de reflexión e análise da situación enerxética que vivimos na actualidade.
Este proxecto audiovisual ofreceuse en anos anteriores para visionarlo en salas de cinema que permitisen ofrecer a técnica 3D, pero a situación de restricións derivadas da situación de pandemia que vivimos, motivou á produtora ofrecer a posibilidade de que se poida ver nas aulas e aproveitar os materiais que se acompañan, tendo en conta que non podemos gozala en 3D.
Trailer da película, https://www.youtube.com/watch?v=5qrhnfSRV8c&feature=emb_logo Película,
http://www.energia3d.es/

venres, 12 de febreiro de 2021

Entroido 2021- Mecopereira

Este é Mecopereira, o noso Meco. 

E si, é unha árbore, 

unha fermosa pereira

 que se librou da fogueira

 como non podería ser de outra maneira.


deforestación é o proceso de desaparición de masas forestais (bosques), fundamentalmente causada pola actividade humana. A deforestación está directamente causada pola acción do ser humano sobre a natureza, principalmente debido ós cortes de árbores, tanto as realizadas pola industria madeireira, como aquelas que pretenden a obtención de solo para cultivos agrícolas.

Nos países máis desenvolvidos, prodúcense outras agresións como a chuvia ácida que comprometen a supervivencia dos bosques, situación que se pretende controlar mediante a esixencia de requisitos de calidade para os combustibles, como a limitación do contido de xofre.

Nos países menos desenvolvidos, as masas boscosas redúcense ano tras ano, mentres que nos países industrializados estanse recuperando debido ás presións sociais, reconverténdose os bosques en atractivos turísticos e lugares de esparexemento.

Así a todo, debe terse en conta que as plantacións de reforestación non substitúen en ningún caso o bosque, xa que este é un ecosistema que tarda décadas e nalgúns casos séculos en formarse, constituíndo o bio-sistema óptimo de aproveitamento da luz solar. En cambio, a reforestación no mellor dos casos é un conxunto de árbores situadas segundo unha separación fixada artificialmente, entre as cales xorde unha vexetación herbácea ou arbustiva que non acostuma darse no bosque. E no peor dos casos, plántanse árbores non autóctonas que en ocasións danan o substrato, como ocorre en moitas plantacións de piñeiro, abeto ou eucalipto.

Unha consecuencia da deforestación é a desaparición de sumidoiros de dióxido de carbono, reducíndose a capacidade do medio de absorber as inxentes cantidades deste gas causante do efecto invernadoiro, e agravando o problema do quentamento global.

Como medida de contención, diversos organismos internacionais propoñen a reforestación, medida parcialmente aceptada polos movementos ecoloxistas, ó entender estes que na repoboación debe considerarse non só a eliminación do dióxido de carbono, senón ademais, a biodiversidade da zona a repoboar.


Texto de Galipedia

mércores, 10 de febreiro de 2021

11F Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

 


11F Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.


En decembro de 2015 a Asemblea Xeral da ONU decidiu establecer un Día Internacional anual para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía, ese día é o 11 de febreiro . Unha oportunidade para dar a coñecer a os nosos alumnos/as as figuras femininas do pasado pero tamén actuais e destacar as súas achegas á ciencia.

Compartimos o enlace de Teachers for  Future no que se relacionan as científicas que máis teñen que ver coa biodiversidade e a natureza.

Non deixedes de velo.

https://teachersforfuturespain.org/11f-dia-internacional-de-la-mujer-y-la-nina-en-la-ciencia/



5 de xuño- Día Mundial do Medio Ambiente

5 de xuño- Día Mundial do Medio Ambiente  As Nacións Unidas designaron o 5 de xuño como Día Mundial do Medio Ambiente para destacar que a pr...