mércores, 20 de xaneiro de 2021
sábado, 5 de decembro de 2020
Día Mundial do Solo
5 de decembro
O Día Mundial do Solo 2020 (# DíaMundialdelSuelo) e a súa campaña "Manteñamos vivo o solo, protexamos a biodiversidade do solo" ten por obxecto crear conciencia da importancia de manter os ecosistemas sans e o benestar humano, abordando os crecentes desafíos da ordenación do solo, loitando contra a perda da biodiversidade do solo, aumentando a conciencia sobre o solo e alentando aos gobernos, organizacións, comunidades e persoas de todo o mundo para comprometerse a mellorar proactivamente a saúde do solo.
domingo, 29 de novembro de 2020
Novembro sen residuos
Semana Europea de Prevención de Residuos.
Do 21 ao 29 de novembro, en toda Europa, celébrase a Semana Europea de Prevención de Residuos.
A Semana Europea da Prevención de Residuos (tamén coñecida abreviadamente polas súas siglas en inglés, EWWR - European Week for Waste Reduction) é un proxecto plurianual de ámbito europeo e auspiciado pola Comisión Europea, cuxo obxectivo é promover a realización durante unha semana de diferentes accións sobre prevención e xestión sostible de residuos e, ademais, a celebración anual do Premio Europeo da Prevención de Residuos, no que participan e selecciónanse as actividades máis innovadoras, orixinais e exemplarizantes organizadas ao longo da semana do ano respectivo.venres, 20 de novembro de 2020
20 N- Día da Infancia- Pleno municipal do Consello da Infancia
Presentamos o Proxecto Plástico- Resíduo Cero.
Sandra, a alcaldesa, inaugurou o acto. Despois cada colexio foi presentando a súa proposta. Entre elas: unha árbore dos desexos, un concurso de receitas de Nadal, medianeiras para edificios e muros pintadas por artistas destacadas como Lula Goce, entre outras. Tamén, axudar aos máis necesitados/as, un concurso de relatos, cartas e postais para os nosos maiores, mascarillas transparentes para unha nena do instituto... Guille e Laura, os nosos representantes, presentaron o Proxecto Plástico que estamos a desenvolver no cole, xunto con Recreos Residuo Cero co que pretendemos concienciar e contaxiar para que en todos os coles e lugares de Tomiño intentemos reducir os plásticos dun só uso ao mínimo.
Ao finalizar a presentación das propostas interviron Esteban, Gloria, Karina, e houbo moitas mensaxes de agradecemento e parabéns polo chat. Foi unha experiencia estupenda, porque polo menos puidemos xuntarnos anque fose de xeito virtual.
xoves, 19 de novembro de 2020
Difusión do Proxecto Plástico e participación no concello do 20N- Día da Infancia
Difusión do Proxecto Plástico e participación no concello do 20N- Día da Infancia
Este venres, 20 de novembro ás 11:00 h, celébrarase o Consello Municipal de Infancia e Adolescencia de Tomiño con motivo do Día da Infancia.
Os cursos de 5º e 6º e Barrantes participaremos achegando a proposta do proxecto de traballo que se está a levar a cabo no centro e nas aulas de 5º e 6º co proxecto Plástico.
- Temática do Pleno: Residuo 0, muralistas, propostas para un nadal diferente.
- Desenvolvemento da actividade:
O pleno farase por videoconferencia, a través da plataforma webex.
domingo, 8 de novembro de 2020
FROITA NA ESCOLA
Aquí vos deixamos uns recursos por se son do voso interese:
GLOSARIO
https://www.frutas-hortalizas.com/Hortalizas/venres, 6 de novembro de 2020
ALGUNHAS NOVAS DESTA SEMANA NOS MEDIOS
NOTICIA NO XORNAL "EL PERIÓDICO" SOBRE ECOEMBES
https://blogs.publico.es/ecologismo-de-emergencia/2020/10/31/ecoembes-un-poco-de-respeto/
¿Un mes sin plástico?
Varios activistas internacionales se unen para lanzar este desafío medioambiental
Cada año se vierten al Mediterráneo 229.000 toneladas de plástico
Alarmante contaminación de microplástico en el fondo antártico, el Mediterráneo y el Atlántico norte
5 de xuño- Día Mundial do Medio Ambiente
5 de xuño- Día Mundial do Medio Ambiente As Nacións Unidas designaron o 5 de xuño como Día Mundial do Medio Ambiente para destacar que a pr...
-
5 de xuño- Día Mundial do Medio Ambiente As Nacións Unidas designaron o 5 de xuño como Día Mundial do Medio Ambiente para destacar que a pr...
-
Hoxe, no cole de Barrantes sumámonos ás peticións para reclamar aos gobernos e institucións que se tomen as medidas necesarias para consegui...
-
https://fundacion-biodiversidad.es/es/content/biodiversidad-y-zoonosis https://teachersforfuturespain.org/biodiversidad-y-zoonosis/ “Biod...











